Mellórase a eficiencia enerxética e a visibilidade no xogo

O Concello de Chantada vĆ©n de renovar o sistema de iluminación nas Pistas de Tenis Municipais, localizadas no Parque EloĆsa Rivadulla. SubstituĆronse as 24 luminarias de haloxenuros por 16 novos proxectores LED de 240w.
Esta actuación na que se invisten case 8.000⬠de fondos propios supón un importante avance en eficiencia enerxética, reducindo o consumo eléctrico e os custos de mantemento, ademais de ofrecer unha iluminación mÔis uniforme para a prÔctica do tenis.
Estas instalacións son empregadas a diario polas Escolas Deportivas Municipais, que dispoñen agora dunha visibilidade óptima para o desenvolvemento das súas actividades formativas. Asà mesmo, o Club de Tenis Chantada utiliza estas pistas tanto para os seus adestramentos como para a celebración de competicións oficiais do Campionato Galego por equipos.
A mellora, que se vén de executar tamén repercute positivamente nos afeccionados que fan uso das pistas en réxime de prÔctica libre, garantindo unhas condicións de xogo mÔis seguras e confortables. Con esta actuación, o Concello reforza o seu compromiso co deporte local e coa sustentabilidade, apostando por infraestruturas mÔis eficientes e adaptadas Ôs necesidades dos practicantes deste deporte.
Desde a concellarĆa de Deportes do Concello de Chantada estase Ć” espera de mellorar as instalacións coa remodelación da terceira pista e o pintado das outras dĆŗas. Como se fixo coas Pistas de PĆ”del, instalarase tamĆ©n un novo sistema de peche automĆ”tico e abriranse as reservas online.
Ā
Ā
Ā
Ā
Ā
Ā







