Do 21 de maio ata o 5 de xuño en Servizos Sociais

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada organiza unha nova edición dos Campamentos de Verán, que se desenvolverán en 3 quendas desde o 21 de maio ao 31 de xullo. Estas actividades están destinadas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolveranse no colexio Xoán de Requeixo en horario de 10:00h a 14:00, contando con servizo de madrugadores de 8:00h a 10:00h.
Para participar dos Campamentos de Verán ábrese o prazo de inscrición do 21 de maio ao 5 de xuño, debendo acudir a servizos sociais do Concello de Chantada de 9:00h a 14:00h. Descarga aquí o formulario de inscrición: CAMPAMENTOS DE VERÁN 2026.
Todas as actividades son gratuítas e van desde propostas deportivas con deportes mixtos, como baloncesto, voleibol, fútbol,…a obradoiros de expresión plástica e artística para a adquisición de habilidades sociais, con lectura, teatro ou música. Prestando sempre especial atención á integración e ás temáticas inclusivas e non sexistas.







