Actual, Concello, Novas|

Prográmanse novos cursos para xoves, 28 de maio, 4 e 11 de xuño e os luns 1, 8 e 15 de xuño

Neste mes de maio o Concello de Chantada contou con dúas formacións dirixidas a maiores de 60 anos dentro do programa, Conexión Dixital Senior+. Estas xornadas dixitais 100% gratuítas, que se desenvolveron na Casa da Cultura de Chantada están impartidas por Euroformac. Despois da excelente acollida dos cursos de Whatsapp e comunicación móbil efectiva e Xestión dixital de trámites coa administración pública, o Concello prepara unha nova oferta formativa que se desenvolverá entre o 28 de maio e o 15 de xuño de 16:30h a 19:30h.

As persoas interesadas deben inscribirse na Casa da Cultura persoalmente ou por teléfono no 982 441 752. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Nesta ocasión ofrécense as seguintes formacións:

Reservas en liña viaxes e eventos que terá lugar os xoves 28 de maio, 4 e 11 de xuño.

  • Sesión 1: Reserva de aloxamento en liña. Introdución á reserva de aloxamento en liña: vantaxes e principais plataformas de reserva. Configuración inicial: creación de contas nas plataformas, configuración de métodos de pago seguros. Procura de aloxamento.  Confirmación e xestión da reserva: pasos a seguir, cancelación e modificacións.
  • Sesión 2: Reserva de transportes en liña. Introdución á reserva de transportes: como funciona e vantaxes.  Configuración inicial: creación de contas nas plataformas, configuración de métodos de pago seguros.  Procura e selección de transporte: como consultar horarios e roteiros dispoñibles, así como usar filtros para atopar as mellores opcións.  Confirmación e xestión da reserva: como gardar e consultar os billetes no móbil.
  • Sesión 3: Compra en liña de entradas para eventos. Introdución ás compras en liña: que son as entradas dixitais e cales son as principais plataformas de eventos. Preparativos para a compra de entradas: navegación por plataformas e configuración do dispositivo. Procura de eventos: como buscar por categorías e usar filtros para atopar as datas e localizacións adecuadas. Confirmación e xestión de entradas: proceso de comprar e confirmación, gardado de entradas.  Seguridade e resolución de problemas: como identificar plataformas confiables para evitar estafas.

Redes sociais para a vida cotiá que se desenvolverá os luns 1, 8 e 15 de xuño.

  • Sesión 1: Creación e xestión de perfís. Que son e como funcionan as redes.   Exemplos de redes: Facebook, Instagram, etc.  Como crear un perfil paso a paso en Facebook e Instagram: elixir foto, completar a información básica.  Primeiros pasos: buscar amigos, publicar fotos, dar ‘gústame’, etc.  Como unirche a grupos de interese, configurar as notificacións para estar ao día ou axustar a privacidade. Que facer se esquezo o meu contrasinal? Solucións para acceder á conta.
  • Sesión 2: Comunicación efectiva en redes sociais. Diferenza entre mensaxes privadas e publicacións públicas.  Consellos prácticos para comunicarse mellor en redes: escritura de mensaxes claras, uso de emojis…  Guía para participar de forma segura e positiva en grupos. Información privada que nunca debes compartir e noticias dubidosas que convén contrastar.
  • Sesión 3: Seguridade e privacidade en redes. Riscos das redes e beneficio de protexer o perfil.  Configuración básica de seguridade en redes sociais: como crear un contrasinal seguro e lembralo facilmente.  Como protexer a información privada: evitar publicar información segura.  Como identificar perfís falsos e evitar estafas.  Como xestionar a privacidade das publicacións: elixir quen as ves e quen non. Pasos a seguir para contactar co soporte da rede social se a túa conta é hackeada ou queres reportar algún perfil sospeitoso.

As actividades do programa Conexión Dixital Senior+ están financiadas con fondos públicos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos fondos Europeos Next Generation.

 

 

 

 

 

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca