Actual, Concello, Novas|

4 novas prazas cun tempo máximo de estacionamento de 10 minutos

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas vén de habilitar 4 novas prazas de estacionamento para uso específico do servizo de farmacia. A medida busca facilitar o acceso á medicación das persoas con mobilidade reducida, idade avanzada ou que padecen algunha doenza.

As novas prazas localízanse diante das 4 farmacias que hai na vila do Asma, nas rúas Mariano Cedrón, Xoán XXIII, Avda de Lugo e na Avda de Ourense. Están identificadas coa pintura verde e a cruz branca, ademais da sinalización vertical que advirte que o tempo máximo de estacionamento é de 10 minutos e exclusivamente destinado a usuarias/os que acudan á farmacia.

O obxectivo é favorecer a rotación dos vehículos para que o maior número posible de persoas poida facer uso destas prazas cando necesiten acceder ao servizo de farmacia.

Desde Alcaldia insístese na importancia de que a cidadanía faga un uso responsable destes estacionamentos, “Búscase que estas prazas cheguen ao maior número posible de persoas, especialmente aquelas que necesitan un acceso rápido e cómodo a un servizo directamente vinculado coa súa saúde”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

 

 

 

 

 

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca