Actual, Concello, Novas|

O servizo do CIM localízase no Edificio Multiusos e estÔ atendido por unha psicóloga e unha avogada

O Concello de Chantada renova a subvención para contar un ano mÔis co servizo do CIM para os municipios de Taboada, Carballedo e Chantada. O Centro de Información Ô Muller ofrece atención personalizada Ô muller en materia de igualdade, dando cobertura gratuíta a nivel xurídico e psicolóxico a calquera muller que o precise, independentemente do seu domicilio, e a persoas do colectivo LGTBI. Parte importante do seu traballo é a atención Ôs mulleres en situación de vulnerabilidade, especialmente mulleres e menores vítimas de violencia de xénero.

O servizo, que funciona desde o ano 2001, estÔ atentido en horario de mañÔ por unha avogada e unha psicóloga e localízase no segundo andar do Edificio Multiusos de Chantada. Ademais de asesoramento personalizado Ôs distintas problemÔticas que se dean na muller a nivel sociolaboral, profesional ou familiar, desde o CIM promóvese a igualdade con campañas de sensibilización e actividades de prevención da violencia de xénero.

ā€œO CIM desenvolve un intenso traballo cos centros educativos, progrĆ”manse polĆ­ticas de conciliación, actualĆ­zanse as subvencións para poder ter actividades gratuĆ­tas e faise un seguimento do Plan de Igualdade; ademais dese asesoramento Ć” muller a nivel legal ou psicolóxicoā€, explica a concelleira de Igualdade, Pamela FernĆ”ndez.

As consultas xurĆ­dicas que chegan ao CIM de Chantada son diversas e das diversas ordes xurisdiscionais: social (contratación, despedimentos, dereitos laborais…), civil (vivenda, herdanzas, capacidades, etc). En todo caso a maiorĆ­a das consultas estĆ”n relacionadas co dereito de familia (relacións paterno-filiais, divorcios, impago pensións,etc.), asistencia xurĆ­dica gratuĆ­ta e ca atención integral Ć”s vĆ­timas de violencia de xĆ©nero, o seguimento nos procesos iniciados e a asistencia nas xestións xurĆ­dicas que procedan. ā€œSomos un primeiro recurso que ofrece o asesoramento necesario, non somos representantes das mulleres ante os tribunaisā€, aclara a avogada do CIM, Beatriz FernĆ”ndez.

Respecto o Ć”mbito psicolóxico, ofrĆ©cese acompaƱamento especializado con perspectiva de xĆ©nero e confidencial, a mulleres que estĆ”n atravesando malestar emocional, situacións de violencia de xĆ©nero ou dificultades derivadas de distintos procesos vitais. ā€œO noso obxectivo Ć© crear un espazo no que se sintan escoitadas, fortalezan os seus recursos persoais e sobre todo recuperen o seu benestar emocional e a sĆŗa autoestimaā€ explica a psicóloga do CIM, Ana BelĆ©n FernĆ”ndez.

A concelleira de Igualdade, Pamela FernĆ”ndez, lembra que, ā€œaĆ­nda que a estrutura de funcionamento do CIM fai que moitas mulleres sexan derivadas aquĆ­ desde outros servizos pola colaboración transversal neste tipo de situacións, calquera muller vĆ­tima de violencia de xĆ©nero ou nunha circunstancia de vulnerabilidade pode achegarse ao servizo e comezar a recibir apoioā€. As mulleres nunha situación mĆ”is vulnerable son moitas veces derivadas ao CIM desde Servizos Sociais, desde a Sanidade, os Xulgados, a Garda Civil ou a travĆ©s da Rede Galega de Acollida.

MÔis información no cim@concellodechantada.org, a través do teléfono 982 46 22 99 ou na web do Concello de Chantada.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca