Actual, Concello, Novas|

Este ano superaron marcas con 654 persoas inscritas

O Pavillón Deportivo de Chantada acollía este venres a última hora da tarde a clausura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Chantada.

Desde mediados do mes de setembro do 2025 véñense desenvolvendo as diferentes actividades deportivas que organiza o Concello de Chantada con ofertas para todas as idades, desde preescolar a maiores de 60 anos. Nesta tempada superaron todas as marcas de participación con 654 inscritos/as.

Para o peche das Escolas este venres celebrouse exhibición dalgunhas das modalidades ofertadas, como baile, ximnasia rítmica ou patinaxe artístico,…tanto de adultos como de rapazada. A exhibición foi seguida por centos de persoas entre familiares e amizades das persoas participantes, ademais dunha representación do equipo de goberno coa presenza do alcalde, Manuel Lorenzo Varela

Desde o Concello agradécese a ampla participación nestas actividades que na vindeira edición manterán monitores e instalacións para seguir dando esta oferta deportiva que se ampliará con baile profesional para nenas e nenos, despois de que nesta tempada se comezase con baile profesional para adultos.

“Pechamos esta edición das Escolas Deportivas con moi boas sensacións, que se confirmaron tamén durante o acto de clausura. Desde a concellaría de Deportes comezan xa a adaptar horarios para outro intenso calendario de actividades deportivas en Chantada na vindeira tempada”, asegura o rexedor.

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca