o 27 deste mes ábrense as Piscinas Municipais de Chantada

O Concello de Chantada conta na vila do Asma con dúas instalacións moi utilizadas na tempada de verán para refrescar as altas temperaturas: a Praia Fluvial do Sangoñedo e as Piscinas Municipais de Chantada.
Na Praia Fluvial, a Brigada de Parques e Xardíns estivo nestes días adecentando a zona do areal e o espazo de baño do río para poñela a disposición da cidadanía. A Praia Fluvial do Sangoñedo leva anos inscrita no Rexistro de Zonas de Baño polo que periodicamente se fan analíticas desde a Consellería de Sanidade para certificar a boa calidade da auga para o baño. O 19 deste mes desde a Consellería confirmábase que os valores microbioloxicos se atopan dentro dos límites establecidos.
A praia está inscrita tamén na Rede de Praias sen Fume, e a do Sangoñedo está catalogada na categoría Ouro, a máxima distinción de calidade. A contorna desta praia complétase cunha ampla área verde, espazos con mesas e parque infantil. Tamén na área de xogos, o concello densenvolveu recentemente tarefas de mantemento, como parte do traballo diario para conservar as zonas verdes.
O 27 de xuño abren as Piscinas Municipais do Concello de Chantada
As Piscinas Municipais de Chantada, situadas na rúa Serra do Faro, ao carón das Piscinas Climatizadas, contan coa piscina para adultos/as e o vaso para nenas e nenos; ademais de amplas zonas verdes e espazo de estacionamento.
A entrada ás instalacións é gratuíta. A apertura das piscinas será este sábado, 27 de xuño e manteranse abertas ata o 15 de setembro co seguinte horario:
Durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, o horario será de
- 12:00h. – 14:00h.
- 15:00h. – 20:30h.
- Sábados, domingos e festivos horario continuo de 12:00h a 20:00h
En xuño e setembro, tamén de luns a venres, o horario será:
- 16:00h. – 20:00h.
- Sábados, domingos e festivos horario continuo de 12:00h a 20:00h
As Piscinas Municipais de Chantada contan con persoal formado para atender á seguridade dos/as usuarios/as e á correcta utilización das instalacións. Durante o verán o Concello de Chantada tamén organiza aquí diferentes actividades deportivas e de lecer.








