Actual, Concello, Novas|

O Concello de Chantada reforza o seu compromiso co deporte local e coa sostibilidade

O Concello de Chantada acaba de instalar novo sistema de iluminación no campo de fútbol do Sangoñedo. A nova iluminación que mellora a eficiencia enerxética e a visibilidade no xogo estreouse esta fin de semana.

Desde a concellaría de Deportes promoveuse a colocación de novos focos de iluminación, un en cada torre, de modo que se instalaron 4 proxectores led exterior especial alumeado deportivo de 800W IP4000K. Trátase dunha potencia de iluminación moi superior aos instalados anteriormente para corrixir o déficit luminoso no campo.

O Concello de Chantada destina a estas melloras 14.961€; investimento que permitará unha mellora substancial na actividade que se desenvolve nestas instalacións que son utilizadas durante todo o ano para o adestramento e competición de máis de 10 equipo do municipio como o SD Chantada o Atlético Chantada ou as escolas deportivas municipais.

Con este tipo de actuacións, o Concello de Chantada reforza o seu compromiso co deporte local e coa sostibilidade, apostando por infraestruturas máis eficientes e adaptadas ás necesidades dos practicantes deste deporte.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca