250 rapazas/rapaces de entre 3 e 12 anos participan das actividades

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada completa co final deste mes os Campamentos de Verán destinados ao desenvolvemento físico e psíquico dos nenos e nenas participantes ao tempo que se favorece a conciliación familiar na tempada estival.
Este ano participan 250 rapazas/rapaces de entre 3 e 12 anos que contan con servizo de madrugadores de 8:00h a 10:00h. Nas últimas quincenas organizáronse actividades destinadas a potenciar a tolerancia e o respecto, fomentando a comunicación e a iniciativa na toma de decisión na vida cotiá.
Todas as propostas son gratuítas e incluiron actividades deportivas, obradoiros de expresión plástica e artística, xogos e actividades na natureza. O obxectivo, potenciar habilidades sociais, sempre con especial atención á integración e ás temáticas inclusivas e non sexistas.
Esta programación conta co cofinanciamento do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade do Goberno de España.








