O cartel enxalza a vitalidade da celebración e as tradicións e patrimonio de Chantada

O Concello de Chantada presentou este xoves, diante da Casa da Cultura de Chantada, o programa das Festas Patronais na honra Ô Virxe do Carme, que se desenvolverÔn do 20 ao 25 de agosto. Nas actividades destaca, como sinalou o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo, a promoción das tradicións locais co Folión de Carros que se celebra o sÔbado, 22 de agosto, o XXXV Certame de Bandas de música de Chantada, que se leva a cabo na Praza do Cantón ou a Festa da Empanada na xornada na que rematan as Festas Patronais de Chantada.
Non faltarĆ”n os concertos, eventos culturais, xogos infantĆs e sesións de fogos artificiais. A primeira xornada de Festas Ć”brese con concertos na Praza de Catro CamiƱos onde desde as 22:00h actuarĆ”n āLos Limonesā e āMalenneā. āRecuperamos o concerto de Malenne que non puidemos celebrar o pasado ano por un problema vocal co cantante e traemos a Chantada o frescor que a finais dos anos 80 e comezos dos 90 nos deixaron Los Limonesā, explicou DiĆ©guez.
O venres, 21 de agosto, desde as 23:30h celebrarase o II āAta o Chan Festivalā, Ā o Festival de DJĀ“s que traerĆ” a Chantada o Ćŗltimo en mĆŗsica electrónica, contando cun dos artistas que animou a celebración en Madrid do triunfo da Selección EspaƱola no Mundial de FĆŗtbol. O Festival levarase a cabo na contorna do Pavillón Municipal de Chantada, nun espazo pechado con control de acceso, como o pasado ano, para garantir a seguridade da celebración
O sĆ”bado, 22 de agosto, comezarĆ” Ć”s 11:30h con pasarrĆŗas da “Agrupación Tradicional da Casa da MĆŗsica” acompaƱada de Cabezudos. Nesta xornada celĆ©brase o Folión de Carros, Festa de Interese TurĆstico Galego, declarada tamĆ©n Ben de Interese Cultural (BIC) no 2018. A cita que organiza a Asociación Amigos do Folión coa colaboración do Concello de Chantada comezarĆ” o seu percorrido Ć”s 23:00h, despois da actuación da “Banda de Gaitas do Concello de Chantada”.
Tralo desfile, chega o momento na Praza de Galicia, da lectura do pregón das Festas que este ano correrĆ” a cargo do escritor, D. XosĆ© Miranda RuĆz. O tamĆ©n licenciado en BioloxĆa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1978, exerceu de profesor desta materia no IES Lama das Quendas de Chantada. O sĆ”bado desde as 01:00h na Praza de Santa Ana haberĆ” verbena coa “Orquestra Tango”.
O domingo, 23 de agosto, desde as 11:30h, o grupo de gaiteiros, Os Barrios desfilarĆ” con cabezudos e Ć”s 13:30h a Banda de MĆŗsica de Muimenta actuarĆ” no Parque EloĆsa Rivadulla.
Pola tarde, desde as 18:00h na Praza do Cantón terĆ” lugar o tradicional Certame de Bandas de MĆŗsica coa Banda de MĆŗsica de Chantada, a Banda de MĆŗsica de Muimenta e a Banda de MĆŗsica de San Cibrao das ViƱas.Ā As actuación que protagonizarĆ”n as verbenas da noite desde as 22.00h serĆ”n, a da “Orquestra Paris de Noia” en XoĆ”n XXIII e “Los SatĆ©lites” na Praza de Santa Ana.
O luns, 24 de agosto, abrirase Ć”s 11:30h co pasarrĆŗas do grupo de gaiteiros Os Barrios. Pola tarde, as protagonistas serĆ”n as actividades infantĆs; no Parque EloĆsa Rivadulla haberĆ” entre 17:00 e 20:00h, xogos tradicionais e festa con inchables.
Nesta xornada actuarĆ”n desde as 22:00h na rĆŗa XoĆ”n XXIII o “Grupo Top Lider” e na Praza de Santa Ana, o “Combo Dominicano”. Ćs 00:00h desde a Praza do Pavillón Municipal estĆ” previsto o comezo da sesión de Fogos artificiais.
O dĆa 25, Ćŗltimo dĆa das Festas Patronais de Chantada celebrarase a tradicional Festa da Empanada no campo do San Lucas contando coa ambientación musical de āOs Barriosā e as charangas “Unión Phenosa”, “Louband” e “Fanfarria Furruxa”. Os concertos nocturnos deste Ćŗltimo dĆa de Festas correrĆ”n por conta de “Orquestra FunƧao Publika” en XoĆ”n XXIII e a “Orquestra Charleston Big Band” na Praza de Santa Ana.
āCon esta programación consolidamos unhas Festas de intensa actividade social, cultural e de lecer para desfrutar con familia e amizades. Convidamos a veciƱanza e visitantes a que participen das propostas e gozar con nós destas Festas de Chantadaā, anima o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, que agradece o traballo de todas as persoas que fan posible esta celebración.
O carÔcter festivo e tradicional das Festas refléxase no cartel que anuncia a celebración deste ano, obra do artista local, Jon GonzÔlez (JonGo Art). Cunha estética de ilustración tipo cómic, o autor representa a vitalidade, as tradicións da localidade e os elementos esenciais da identidade cultural do municipio como o seu patrimonio.








