Actual, Concello, Novas|

A Asociación Stop Suicidio Galicia promoveu a proxección do documental “El estigma del silencio”

O Auditorio Municipal de Chantada acollĆ­a este domingo a proxección do documental, ā€œEl estigma del silencio” nun acto promovido pola Asociación Stop Suicidio Galicia que contou coa colaboración do Concello de Chantada para visibilizar e poƱer voz a un tema marxinado e silenciado pola sociedade, o suicidio.

A pelĆ­cula presentou testemuƱos, experiencias reais de sobreviventes, familiares e expertos no campo da psiquiatrĆ­a e a psicoloxĆ­a do suicidio e a saĆŗde mental. Despois da proxección tempo para o debate que estivo guiado por Miguel VĆ”zquez Penas, presidente de Stop Suicidios Galicia e veciƱo de Chantada, que explicou o traballo que desenvolve a asociación que comezou a andar hai 5 anos co obxectivo de axudar Ć”s persoas con pensamentos de suicidio, ā€œA asociación pretende axudar ante a carencia de especialistas, psiquiatras e psicólogos que non teƱen o tempo suficiente para poder atenderte. O suicidio Ć© multifactorial e debe tratarse cun equipo multidisciplinar, facendo terapias moi especĆ­ficas. Queremos dar a axuda que non recibimos. Estas situacións existen e non se poden seguir silenciandoā€.

En EspaƱa suicĆ­dase unha persoa cada dĆŗas horas e Lugo Ć© a provincia na que mĆ”is xente se suicida. A soidade, a falta de atención ou os patróns de conducta establecidos pola sociedade que se fan cada vez mĆ”is inasumibles estĆ”n na orixe deste tipo de situacións. Por que temos medo a falar de algo que estĆ” tan próximo nas nosas vidas e o seguimos tratando como estigma ou tabĆŗ. Esta foi a base do encontro no que se destacou a atención infantoxuvenil que fai a asociación atendendo cada vez mĆ”is a pais e nais que non saben a onde recorrer cos seus fillos e fillas. Explica Miguel VĆ”zquez que, ā€œse a todo engadimos a presión das redes sociais as persoas poden quebrar. Temos que vivir como persoas e non como o noso avatar, agora hai anuncios de como tes que ser, as redes dĆ”nche filtros para mellorar a tĆŗa foto e agora a IA colócache de fondo a imaxe do coche de moda. Non sei ata que punto estamos levando unha arma na man co telĆ©fono móbilā€.

Pamela FernĆ”ndez, concelleira de Igualdade e SaĆŗde PĆŗblica, destacaba a participación da xente na actividade e insistĆ­a na necesidade de acabar con estigmas ao respecto do suicidio, ā€œSegue habendo cuestións tabĆŗs ao redor do suicidio, por iso son importantes actividades como esta de divulgación e sensibilización. Chamadas de atención para acabar coa falta de atención social a estas problemĆ”ticasā€.

Ā 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca